Pauliña
2 MúsicasBio
E só teño un recordo
de se ías marchar conmigo
suplicando de xeonllos
todos os males prohibidos,
todos os males prohibidos
e pecados compartidos.
Axexabas dende a porta
coa precariedade enxoita
unha ristra de remorsos
e discutir batendo a porta.Vento, vento, vento
ai, vento, ven conmigo
vento, vento, vento
e aí quedas, meu amigo.Vento, vento, vento
ai, vento ven conmigo
vento, vento, vento
e aí quedas, meu amigo.E aquí vai cambiando o conto
case sen leis nin acordos,
tranquilas que imos facendo
este camiño máis curto.
Xa bastante nos calaron
e seguimos protestando
a virxe no altar mirando
xa pasou o 8 de marzo.
As rúas están tinguidas
por aquelas que faltaron.Vento, vento, vento
ai, vento, ven conmigo
vento, vento, vento
e aí quedas, meu amigo.Vento, vento, vento
encarrila o camiño.
Vento, vento, vento
é violeta o destino.Vento, vento, vento
ai, vento, ven conmigo
vento, vento, vento
e aí quedas, meu amigo.Vento, vento, vento
encarrila o camiño
Vento, vento, vento
é violeta o destino! BISEu quero ver como os tempos van cambiando,
como os meus pais seguen traballando,
para logo ver como outros van chupando,
manter os porcos para quedarnos sen zapatos.
Baixar o lombo para que coman só uns cantos
é un oficio que todos vamos herdando.Non é ficción o que vos estou contando,
nacín fai pouco e xa me estaban controlando,
e ti persistes que a loita rematou
e nós pensando que aínda non…Dende pequenos máis manipulados
con leis de merda e cos puños ben atados,
xa nin falemos das mentiras que contades,
a policía xa non ten autoridade.Non é ficción o que vos estou contando,
nacín fai pouco e xa me estaban controlando,
e ti persistes que a loita rematou
e nós pensando que aínda non…E nós con verbas defendemos ideais
e vós polos cartos estades a matar.
Capitalismo e neglixencia
son as chamadas novas formas de violencia.Non é ficción o que vos estou contando,
nacín fai pouco e xa me estaban controlando,
e ti persistes que a loita rematou
e nos pensando que aínda non comezou