Vento | Pauliña

Finalista 2021, Galiza
Pauliña
2 Músicas

E só teño un recordo
de se ías marchar conmigo
suplicando de xeonllos
todos os males prohibidos,
todos os males prohibidos
e pecados compartidos.
Axexabas dende a porta
coa precariedade enxoita
unha ristra de remorsos
e discutir batendo a porta.

Vento, vento, vento
ai, vento, ven conmigo
vento, vento, vento
e aí quedas, meu amigo.

Vento, vento, vento
ai, vento ven conmigo
vento, vento, vento
e aí quedas, meu amigo.

E aquí vai cambiando o conto
case sen leis nin acordos,
tranquilas que imos facendo
este camiño máis curto.
Xa bastante nos calaron
e seguimos protestando
a virxe no altar mirando
xa pasou o 8 de marzo.
As rúas están tinguidas
por aquelas que faltaron.

Vento, vento, vento
ai, vento, ven conmigo
vento, vento, vento
e aí quedas, meu amigo.

Vento, vento, vento
encarrila o camiño.
Vento, vento, vento
é violeta o destino.

Vento, vento, vento
ai, vento, ven conmigo
vento, vento, vento
e aí quedas, meu amigo.

Vento, vento, vento
encarrila o camiño
Vento, vento, vento
é violeta o destino! BIS