
Pauliña
2 MúsicasEu quero ver como os tempos van cambiando,
como os meus pais seguen traballando,
para logo ver como outros van chupando,
manter os porcos para quedarnos sen zapatos.
Baixar o lombo para que coman só uns cantos
é un oficio que todos vamos herdando.
Non é ficción o que vos estou contando,
nacín fai pouco e xa me estaban controlando,
e ti persistes que a loita rematou
e nós pensando que aínda non…
Dende pequenos máis manipulados
con leis de merda e cos puños ben atados,
xa nin falemos das mentiras que contades,
a policía xa non ten autoridade.
Non é ficción o que vos estou contando,
nacín fai pouco e xa me estaban controlando,
e ti persistes que a loita rematou
e nós pensando que aínda non…
E nós con verbas defendemos ideais
e vós polos cartos estades a matar.
Capitalismo e neglixencia
son as chamadas novas formas de violencia.
Non é ficción o que vos estou contando,
nacín fai pouco e xa me estaban controlando,
e ti persistes que a loita rematou
e nos pensando que aínda non comezou