
dakidarría
2 MúsicasSomos un pobo de artistas
e traemos unha mensaxe
sempre contra o poder
non nos van facer desaparecerSomos rebeldía sumerxida
somos cultura popular
somos o pobo que canta e que non morrerá xamais.
Son melodias que nacen do peito
e voan ceibes coma un cormorán
pequenas e humildes historias desta terra e deste marPasan os anos e seguimos cantando
sentindo a musica coma un xeito de dar voz
de non calarnos e de animarnos
neste camiño que nos tocou vivir
somos o pobo que tragou o autoodio
tamen a herdanza de quen loitou por nós
e todas xuntas coma unha familia
multiplicamos melodías e canciónsAs que nos deron por mortas
deben saber que fomos quen
de rexurdir e florecer
unha e outra vez
e trala longa noite de pedra
alguen montara unha festa rave
eramos nós preparandonos
para construir a escena.
Somos un pobo de artistas
e traemos unha mensaxe
sempre contra o poder
non nos van facer desaparecer
Loita claro que si pero festa tamén
somos as encarregadas de darche iso
e así construimos pasiño a pasiño
a liberdade e os sorrisosNunca houbo ninguén que nos pagara nada
isto é traballo de raíz Made In Feito na casa
musica labrega obreira e orgullosa
isto é cousa nosaAs que nos deron por mortas
deben saber que fomos quen
de rexurdir e florecer
unha e outra vez
e trala longa noite de pedra
alguen montara unha festa rave
eramos nós preparandonos
para construir a escena.“No medio da rave cunchas e sintetizadores,
bombo e caixa, pandeiro e culler.
Dunha peneira ghastada faremos unha pandeireta
para cantar a pena e mudar en arte a dor.
Se unha irmá queda calada sacámoslle a copla nós,
se nos tapan a boca tocamos mais forte,
se nos pechan as portas queimámolas
e saltamos por riba do lume 7 veces”Canta miña compañeira, miña compañeira canta,
canta miña compañeira que o teu cantar ten pegada
uns de aqui e outras de alá
somos moitas mais ca vós
uns de aqui e outras de alá
somos pobo feito nóSomos un pobo de artistas
e traemos unha mensaxe
sempre contra o poder
non nos van facer desaparecer.Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Vou percorrendo as lembranzas.
Penso en ti e no que nos queda por vivir.
En cando estiven afundida e en cando fun feliz.
Sempre estiveches xunto a min!
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Unha sinxela mirada, sen dicir nada,
Contigo sobran as palabras.
Porque esta noite non se durme, escoita ben
Quero que saibas que…
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
O anos van pasando…
Lembra que sempre poderás contar comigo!
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.
Ai non, non atoparei ningunha amiga igual ca ti.