Pobo de Artistas | Dakidarría

Finalista 2022, 2º Posto Galiza
dakidarría
2 Músicas

Somos un pobo de artistas
e traemos unha mensaxe
sempre contra o poder
non nos van facer desaparecer

Somos rebeldía sumerxida
somos cultura popular
somos o pobo que canta e que non morrerá xamais.
Son melodias que nacen do peito
e voan ceibes coma un cormorán
pequenas e humildes historias desta terra e deste mar

Pasan os anos e seguimos cantando
sentindo a musica coma un xeito de dar voz
de non calarnos e de animarnos
neste camiño que nos tocou vivir
somos o pobo que tragou o autoodio
tamen a herdanza de quen loitou por nós
e todas xuntas coma unha familia
multiplicamos melodías e cancións

As que nos deron por mortas
deben saber que fomos quen
de rexurdir e florecer
unha e outra vez
e trala longa noite de pedra
alguen montara unha festa rave
eramos nós preparandonos
para construir a escena.
Somos un pobo de artistas
e traemos unha mensaxe
sempre contra o poder
non nos van facer desaparecer
Loita claro que si pero festa tamén
somos as encarregadas de darche iso
e así construimos pasiño a pasiño
a liberdade e os sorrisos

Nunca houbo ninguén que nos pagara nada
isto é traballo de raíz Made In Feito na casa
musica labrega obreira e orgullosa
isto é cousa nosa

As que nos deron por mortas
deben saber que fomos quen
de rexurdir e florecer
unha e outra vez
e trala longa noite de pedra
alguen montara unha festa rave
eramos nós preparandonos
para construir a escena.

“No medio da rave cunchas e sintetizadores,
bombo e caixa, pandeiro e culler.
Dunha peneira ghastada faremos unha pandeireta
para cantar a pena e mudar en arte a dor.
Se unha irmá queda calada sacámoslle a copla nós,
se nos tapan a boca tocamos mais forte,
se nos pechan as portas queimámolas
e saltamos por riba do lume 7 veces”

Canta miña compañeira, miña compañeira canta,
canta miña compañeira que o teu cantar ten pegada
uns de aqui e outras de alá
somos moitas mais ca vós
uns de aqui e outras de alá
somos pobo feito nó

Somos un pobo de artistas
e traemos unha mensaxe
sempre contra o poder
non nos van facer desaparecer.