
Terradentro (e Caín, Laiovento) | Paco Souto

Paco Souto
1 MúsicaPara Vicente Ansola
o mar
sopraba azul
e abaneaba as follas dos carballos
mentres eu paseaba silencioso
ao compás do teu recordo
había
quen berraba agonizante
incrédulo
a tanto naufraxio
e tanto amor
tamén era eu
mais non quixen facerme caso
percorrín de novo o camiño á casa
fecheime no cuarto
e oferteime ao teu delirio
pronto
fomos auga