A Pedreira
1 Música“A arte como desenvolvemento persoal, como curación que non terapia, Ser 1 ser máis é unha chamada á consciencia da conectividade a toque de bombo”
Vivir con poucas cousas, mirarse para dentro.
Pousarse nuns ollos, pasar o día enteiro.
Pasar o día enteiro, mirando para a xanela.
Bailando nos pasillos, rolando na madeira.
Rolando na madeira atopo novos bichos.
Atopo outra fibra, deste meu corpor b-v-ello.
E así, a cámara lenta. Sentar na sala de espera.
Da nosa propia consciencia.
Renderse á nosa debilidade é o paso do virus ao amor.
Ser 1 ser máis planetariamente humano.