Nao
1 MúsicaUnha cultura da crítica ridícula
Unha cultura da envexa máis submisa
Lacaios progres gozan sendo fariseos
Na súa miseria paletismo e postureo
Trátannos como tratan as aldeas
O caché dos de fóra non o regateas
Rimas incendiarias non pirómanas toma xa
Leis autoritarias, sociedade autómata
Cultura de base deixa que arrase, wow
Castelao rimando nunha base
Sube isto a tope que vas ver
SonDaRúa rimando co Jasper
Buscabamos forza pola beira
Viñeron as Tanxugueiras
Cada un conta según vai a feira
E o que nos conta o goberno xa cheira
Hoxe danzamos na calor
Erguendo xuntas unha voz
Dunha cultura propia e libre!!!
Somos na vella un alalá
No pub un punk no barrio un rap
Cultura crítica
A voz do pobo!!!
Somos cultura crítica política
Orgullo propio autoestima e irmandade
Cultura alegre na mani cantaremos
Nas festa da Galiza, Queremos galego!!
A poetisa que tatúa cos seus versos
“Non coñezo maior patria que o teu nome”
O teatro que fai mofa da súa corte
Alexandre Bóveda enfrontando a súa morte
Unha cultura moitos anos perseguida
Busca agora uns beizos novos que lle devolvan a vida
A música é unha ferramenta pra darlle saída
A un sentimento que dentro xa ves non ten cabida
Queiman os montes, secan as fontes
Queren das túa moedas como Caronte
Que agaches ben a cabeza cando eles repriman
Cada vez máis forte e somos do Norte
O 155 para vós, dicen que a xustiza é lenta
Pero se interesa pode ser veloz
Hoxe danzamos na calor
Erguendo xuntas unha voz
Dunha cultura propia e libre!!!
Somos na vella un alalá
No pub un punk no barrio un rap
Cultura crítica
A voz do pobo!!!
Xa non temos fame non imos calare
Seguiremos rindo seguiremos a soñare
Vivan as matriarcas vivan as foliadas
Colle a pandeireta e afinade esas guitarras
Xa non temos fame non imos calare
Seguiremos rindo seguiremos a loitare
Vivan a nosa historia a nosa memoria
A nosa cultura é a nosa maior xoia
Xa non temos fame non imos calare
Seguiremos rindo seguiremos a cantare
Vivan as mulleres querémonos vivas
Viva a nosa lingua por sempre unha lingua viva
Máis segue habendo quen nega a realidade
Como carallo negan a quen busca liberdade?
Contra a explotación contra os vampiros
Artistas de todo o mundo unídevos!!
Tentaron sempre silenciar
Quixeron ridiculizar a nosa herdanza
Fracasaron na súa misión
Saímos a mundo cunha voz
Na nosa lingua
Hoxe danzamos na calor
Erguendo xuntas unha voz
Dunha cultura propia e libre!!!
Somos na vella un alalá
No pub un punk no barrio un rap
Cultura crítica
A voz do pobo!!!