Gelria
1 MúsicaFanse zocas pechadas e chinelas
en Loentia, Duarría e Formarán.
Non hai zocas xeitosas como elas,
ben lle caen ao pé e ben se traen!
Foron afumadas cun casqueiro.
Ao andar son ledas, cantareiras.
Aunque feitas de bido ou amieiro
son como o vento de lixeiras!
A gracia da abidueira
atopou o seu destino,
fíxose zoca chinela,
apreixa un pé feminino!
Fíxose zoca chinela
abidueira lanzal.
Agora sobor da acera
canta con voz musical!
A zoca xa é canción
delgada como asubío
que aprendeu a abidueira
dos melros de xunto ao río.
Fíxose zoca chinela
a gracia da abidueira.
Vai marcando na acera
os puntos da muiñeira!