Viaxamos a Miami | Ataque Escampe

Finalista 2024, Galiza
Ataque Escampe
4 Músicas

O hit daquel verán foi
Un tema de Bad Bunny
Nunca entenderei por que
Viaxamos a Miami

Tiñamos gana de festa
Tiñamos gana de estira-las pernas

O hotel vale máis
Que unha vida de traballo
Onde os policías van
En bermudas a diario

Na suite do Holiday Inn
Todas estabamos vivas
Déitate tranquila, sis’
Fai o morto na piscina

Cando unha estrela se apaga
Na noite brilla toda Disneylandia

Préndese a luz
Simplemente dando palmas
Vibra o corazón máis cru
Na calor da madrugada

(Por iso…)
(Non tiveches fillos)

(Por iso…) Na praia
De San Francisco, en Louro sempre me sinto ben
(Por iso…) O móbil
Teño medo de que o rouben xusto cando me vou meter

(Por iso…) Na praia
De San Francisco, en Louro sempre me sinto ben
(Por iso…) O móbil
Teño medo de que o rouben xusto cando me vou meter

Os vellos das residencias
Na noite brillan como Julio Iglesias

O hotel vale máis
Que unha vida de traballo
Temos que volver quedar
Non vivimos no pasado

O hotel vale máis
Que unha vida de traballo
Onde os policías van
En bermudas a diario