Un día | Son trío

Finalista 2019, Galiza
Son Trío
1 Música

Eu sei que un día dobrarei unha esquina
e xa non voltarei atrás.
Collerei unha rúa de auga infinda
feita de noite e de cristal.
Pasarán silenciosos carros e xentes que nada me dirán.
Camiñarei perdido definitivamente
E nunca máis voltarei ao meu fogar.
Entón, non tendo outra cousa que facer;
Seguramente poreime a pensar
que a vida é un motor moi complicado
i-a morte unha solemne imbecilidá.