Somos a pedra | Os d’abaixo

Finalista 2022, Galiza
Os d’Abaixo
2 Músicas

A pedra

Nom somos nós
carne de engano
á que carretas
ano tras ano

Nen tam sequer
a verba pura
que ti conduces
á sepultura

Nom somos nós
cascudas negras
que nos despachos
rouban e medram.

Nen tan sequer
montes queimados.
Sujos negócios,
favores pagos.

Nom somos nós
discursos podres
dos teus lacaios
estafadores

Nen tan sequer
as mans doridas
que tu desprezas
e escravizas.

Somos o com (1).
Raiz eterna.
Somos a lousa
Que a ti te enterra.

Somos o além (2)
que te condena.
Vencemos nós.
Somos a pedra