Soa | Coanhadeira

Finalista 2016, 2º posto Galiza
Coanhaderia
1 Música

Parabará, parabará, …
Baixo unha pedra de sal,
naciches meu queridiño,
o sol quentaba a túa cara
nun abranco ben tranquilo.
Esa noite que partías
Ben mansiño estaba o mar
A túa vida unha viaxe
As nubes, o teu fogar.
Ai le la, ai le la …
Voa, queridiño, voa.
Ai le la, ai le la
Como o tempo de estar soa.
Voa, queridiño, voa.
Ai le la, ai le la
Como o tempo de estar soa.

Non podes seguir así,
Fuxe desta xente necia
Lisca e vaite co vento
Esta terra non te aprecia.
Este ventos non son fortes,
nensirven para voar
atopareite nas pontes
do río baixo o luar.
Ai le la, ai le la …
Voa, queridiño, voa.
Ai le la, ai le la…
Como o tempo de estar soa.
Ai le la, ai le la…
Voa, queridiño, voa.
Ai le la, ai le la…
Como o tempo de estar soa.

Non sintas pena de min,
Non teñas pena ningunha,
que o noso camiño así,
queridiño, continúa.
Non sintas pena de min,
Non teñas pena ningunha,
Que o noso camiño así,
queridiño, continúa.
Ai le la, ai le la…
Voa, queridiño, voa.
Ai le la, ai le la…
Como o tempo de estar soa.
Bis