Serendipia | Vizcaíno

Finalista 2018, Galiza
Vizcaíno
1 Música

Mira unha cousa, vouche contar.
Nunca pensei que a min me puidera pasar.
Hai moitas noites que non durmo,
non durmo por culpa dunha muller.

Ela chegou unha noite de inverno,
cando o vento non bulía,
cando andaba de amor baleiro,
cando as musas batían sin xeito.

A nena máis linda pintada en galego
coa cor máis bonita dun rabo de flor,
esta locura que proe por dentro
que pensa e que cala ruídos de amor.

Mesturando laios mudos e afouteza
nun febreiro frío coma un témpano
aprendín a bailar coa vida na punta do pé.
E se por algo nos soltamos da man
e non nos volvemos a ver
sentindo a bravura do mar
sempre ficando nese vaivén…
E se por algo perdemos o amor
e a vida vén co mesmo cantar,
repicando a mesma canción
deixaime soñar que eu xa chorei de máis.
Mesturando laios mudos e afouteza […] bis