Protocolo| Ana Romani
Ana Romaní
1 Músicadesmonten os marcos e as estruturas históricas que os sustentan
fagan con eles filigranas retóricas amplificadas mesmo desde as
tribunas
aventuren un campo léxico apropiado e versátil
esténdano en subcampos
pólas
que contaxien unha convicción de saber
irradien os conceptos en capas delgadas finísimas case transparentes
convoquen as paixóns e os fracasos as emocións máis empáticas
ateiguen a praza no entusiasmo do slogan
coloquen algunha melodía como himno
-a liña rítmica ha ser sinxela o texto tamén mais con esquinas
e algún espazo para versións a varias voces-
desprácense en espiral percórrana entre salóns e cronistas
comprázanse no cálido suxeito que foron moldeando
dean unha volta outra máis ampla
fagan rolda no extensión do radio
arquivoltas dun perímetro aberto aberto aberto
e na conxunción de afectos e verdes horizontes1
procédase con mesura e cautela
á deglutición