Os d’Abaixo
2 MúsicasAquí onde estou ben vexo
a altura que ten o mar
tamén vexo o meu amor
e non lle podo falar,
tamén vexo o meu amor
e non lle podo falar.
O mar anda cheo de sal
e na ferida adoece
tamén anda aquel amor
que tarde ou cedo se esquece,
tamén anda aquel amor
que tarde ou cedo se esquece.
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…
Viña de onda a mariñeira
moi ben capear o vento
algún día fuches tu
a dona do meu contento,
algún día fuches tu
a dona do meu contento.
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…
Fun polo mar eu tamén
e os dous andamos perdidos
tu no mar dos meus pesares
e eu no mar dos teus sentidos,
tu no mar dos meus pesares
e eu no mar dos teus sentidos.
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…
Ai, laralara lala, ai, laralara lala…