Para cando eu morra | Sés

Finalista 2023, 2º Posto Galiza
Ses
3 Músicas

Para cando eu morra non quero palmas nin honras
nin falsas palabras nin flores nin cerimonias
non quero raposos nin ratas corporativas
que non me queira de morta quen non me quixo de viva

Para cando eu morra non quero máis que partir
plena de amor, coa boca chea de rir
quero que me queiras e amarte sen miramentos
nada máis os dous espidos sen firmas nin sacramentos

Non quero baixarche o sol
nin tampouco a lúa
non quero que sexas meu
nin eu vou ser nunca túa
pero quero amarte sempre
e bicarte en cada rúa

Porque nesta vida o papel non vale nada
teña a cor que teña merca froita envelenada
todo o que se compra non mercha contigo á terra
só o máis pobre dos pobres ao son da prata se aferra

Porque amar non é nin vergoña nin rubor
porque nesta vida pouco máis hai que o amor
o amigo sincero, ter e que che teñan lei
e querer só de verdade, que é o único que eu sei

É que amar non é nin vergoña nin rubor
porque nesta vida pouco máis hai que o amor
porque o que me quede quero bailar e sorrir
e levarte a ti comigo, sempre que ti queiras vir