Melide
1 MúsicaOllando práLuaña,
percorro o horizonte.
No lombo dunha araña,
achégome aos seus montes.
Dunha feitura estraña,
vexo rinocerontes,
fouciños e gadañas,
corvos e tartarañas
que beben das súas fontes.
Eu son un instrumento de vento
non caio no salouco
pero vivo no lamento.
A min chámanme louco
sen me ler o pensamento.
Se pensas que isto é pouco
é porque falo, calo, vivo
sinto e penso lento.
Navego polo espazo.
Quixera ser poeta
máis non paso de pallaso.
Facer o que me peta
e deseñar libre o meu trazo,
Matón de discoteca
chorar a Cangas do Morrazo.
Eu fáloche de min,
pero fáloche de ti,
das cores das persoas,
amatistas e rubís.
Hainas chungas e boas,
Xan Bautistas e Dalís
Dalípra aquí,
o bisturí do cirurxián corta o prepucio.
Eu hai cuestións
sobre as que non me pronuncio.
Ollando práLuanha,
percorro o horizonte.
No lombo dunha araña,
achégome os seus montes,
dunha feitura estraña,
vexo rinocerontes,
fouciños e gadañas,
corvos e tartarañas
que beben das súas fontes.
Constelacións de flexos,
prendidos e espallados,
alumean a noite,
desexos inconexos,
metidos no faiado.
Non teño quen me escoite,
é duro e escuro como
a cartola, comoMandela.
Nacín na póla e vivo nela,
mira entre o fume se hai complicidade,
esperto os vagalumes da cidade.
Levanta as áncoras, tira para Itaca,
e leva un bo caderno de bitácora.
O cuadro non vale de traca.
Taba mellor no monte,
no monte escuro,
pensando no futuro
tou mellor en calquer onte
e viceversa, tanta conversa
taba mellor nesa montaña,
ollando práLuanha.
Ollando práLuanha,
percorro o horizonte.
No lombo dunha araña,
achégomeaos seusmontes.
dunha feitura estraña,
vexo rinocerontes,
fouciños e gadañas,
corvos e tartarañas
que beben das súas fontes.
Bis