O que pode un corpo | Ataque Escampe

Finalista 2020, Galiza
Ataque Escampe
3 Músicas

Eu escoito rock de estadio
cando non me ve ninguén:
necesito o son de ambiente baixo a pel.
O Spinoza de Carballo
chamábanme cando empecei
Filosofía por amor, pero xa onde foi.
Hoxe honro aquel surfeiro:
contra o outono foi bater.
Pero o que pode un corpo
nunca o saberá ninguén!
Un sobriño deixou comigo,
na conserveira preguntan por el.
Axusto as lentes e respondo que todo ben.
Un día verán a luz os meus escritos:
cando eu non estea, bailade, malditos.
O que pode un corpo
nunca o saberá ninguén!
Eu escoito rock de estadio;
non é malo se fai ben.
Vou da lata ao mar, no mar salto outra vez.
A substancia desta vida
é tan extensa que xamais se ve,
pero detrás de Clarence Clemons tócoa co pé.
E dedicaranme as letras do paisiño.
Cuspide na tumba. Coidade o sobriño
para que non se perda neste gueto portugués.
Un día verán a luz os meus escritos.
Borremos a morte, cantade comigo:
o que os corpos poden nunca o saberei nin eu!