
Sheila Patricia
3 MúsicasDeixa que flúa o teu movemento.
Podes ser parte ou non do que hai.
E se sintes algo ruxir dentro,
non o silencies, déixao voar.
Será sinxelo sentir o vento,
o teu cabelo entrelazar,
mentres as ondas avanzan lento,
as túas cadeiras han de marcar.
Baila con quen che saia de dentro,
ningún patrón hai que respeitar,
sexas home ou muller non entendo
que dun xeito haxa que bailar.
Podes ser parte do movemento.
Podes ser parte do movemento.
Elas han de tocar o pandeiro,
ti saca o punto de namorar,
aquelas que anduvimos no baile
nunca nos han poder controlar. (x2)
Podes ser parte do movemento.
Podes ser parte do movemento.
Podes ser parte do movemento.
Podes ser parte do movemento.
Elas han de tocar o pandeiro,
ti saca o punto de namorar,
aquelas que anduvimos no baile
nunca nos han poder controlar.
