Ataque Escampe
3 MúsicasOnte fun andar pola beira do Sil e pensei que a vida é como un río.
Había tempo que non ía por alí e continúa todo igual de aburrido:
pais contra pais á saída dos colexios, nenos que van pelexar cos seus amigos.
Xa non teño Facebook para poñerme a espiar (o persoal é moi presumido)
nin espazo para arquivos ilegais, documentais de Estados Unidos:
Napoleón na pirámide de Keops, as dimensións do espazo infinito.
E cando trato de ser eu mesmo, mexa un can negro no meu portal.
Por min non conspirará o universo.
E asumo xa que a felicidade non chegará xamais.
Teño un cravo tan cravado no corazón que con razón me doe sempre o peito,
teño sempre unha constante preocupación por ir por diante do que vai sucedendo.
Sorte fatal a que vai sempre comigo. Cal é o mal que me vén de nacemento?
Pero por máis que o desexe forte, nunca son quen de sentirme ben.
No tarot sempre me sae a morte.
E cando vou contigo pasar un fin de semana ao balneario
de Mondariz-Balneario de retiro espiritual, tamén.