Sheila Patricia
2 MúsicasAi alelé ai alele,
ai alé lele lelelae.
ilo la alelale, alelá alelá alalela
lelá lelá alelale, alelá alelá alalela. (x4)
CAAMAÑO&AMEIXEIRAS (feat. Sílvia Pérez Cruz + Carola Ortiz), Maneo de Cambre
Día de San Roque en Cambre
na capilla do deserto;
de parolar cunha nena
traio o corazón aberto.
Quen me dera non é ter,
quen me dera non é ter.
Quen me dera un vaso d’auga
para che dar de beber.
Se me peta da cabeza
canto de aquí a mañán,
dende o día de San Pedro
ata o día de San Xoán.
Vou a dá-la despedida
por riba dunha cereixa,
agora non canto máis
que o corazón non me deixa.
MOEL, Casa deshabitada
Quero empezar a vivir a vida
Como se fora una casa deshabitada
Quero pintar as paredes espidas
Abrir as xanelas e portas que están pechadas
Quero prender o lume na sala
Quero queimar todo aquelo que me fala
de vaidades, adobíos,
que non deixan ver o que hai detrás.
Quero afinar o piano
Quero facelo soar
Quero afinar a guitarra
Quero bañarme no mar
Quero correr polo monte
Quero verte sorrir
Quero derrubar as pontes
E illarme en ti.
Teño dous cadernos con palabras
unhas que escoitan, outras que calan.
Teño duas mans que me apuntalan
ora con forza, ora con calma.
Teño os pes chantados no río
Teño o pescozo entalado polo frío
deste inverno que non anda,
de agardar que o vento amainará.
Quero afinar o piano
Quero facelo soar
Quero afinar a guitarra
Quero bañarme no mar
Quero correr polo monte
Quero verte sorrir
Quero derrubar as pontes
E illarme en ti.