
Ataque Escampe
5 MúsicasA fantasía dourada da droga
Facendo cabaliños na bici, en Lalín
Rumbo a parques oxidados
Quixen ser un neno malo e non cheguei a capitán
Tan sequera nin do clube dos matados
Chupei tamén algún sopapo
Na casa e mais no patio non daban nin bicos nin abrazos
Agora os gánsters aténdencheme
Na tele cando falan os da escola de Chicago
Porén nesta aldea ′tase ben, baby
Co chándal do revés coma o príncipe de Bel-Air
Rego e paso o cortacéspede
Vou buscando co bolígrafo algo que me represente
Analóxico e paciente
Son a industria do rap antes de volverse mainstream
Uh
Como te morda
Un alacrán
Busca viño, busca pan
Que mañá te enterrarán
Uh
Como te morda
Un alacrán
Busca viño, busca pan
Que mañá te enterrarán
Mira que me divertín nas noites de saír
Daquela a miña camisola puña “Fuck the Police”
Pois si, MC, son decote introvertido
Son un deses chalés que están por fóra de ladrillo
Máis relax que unha finde nun spa
Sentímolo bailando no Kingston, no Superfly
Mestres con clase e sen discípulos
Ataque Escampe, vencedores e vencidos
Levo un anel no meu dedo maior
Que foi feito na charpela por un preso en San Simón
Non din “campos de concentración”
Nas guías de visita preparadas pola Xunta de Feijoo
Na noite brillan, como tigres na gaiola
Vin saír dous policías dun furgón
A modo de filme de Scorsese dixeron
“Control de drogas, ¿tiene algún inconveniente?”
Teño medo das pistolas, son infantil
Aquela noite xa non puiden durmir
E na miña mente, guerra civil
A miña camisola puña “Fuck the Police”
(Fuck fuck)
