Festa e fe | Uxía & Sérgio Tannus

Finalista 2021, Galiza
Uxía
3 Músicas

Cal será o camiño
onde nos leve a sorte?
Vivimos na incerteza
hoxe xa non é onte!

Os amores xa murcharon
e xa non hai abrazos,
as caricias e os desexos
foron voando lonxe.

Mais nada nos vai separar
non se pode adiar o cariño,
temos moito que contar
desde México até o Miño.

No verán soan rancheiras e muiñeiras
no inverno o vento sur
na serra do Suído
México lindo e querido
e a cruz e a cruz do olvido

Festa e fe para soñar
canto e pranto doutros tempos que virán,
festa e fe para mudar
canto e pranto doutros mundos que virán.

Mais nada nos vai separar
non se pode adiar o cariño,
temos moito que cantar
desde México até o Miño.

No verán soan rancheiras e muiñeiras,
no inverno o vento sur
na serra do Suído,
México lindo e querido
e a cruz… e a cruz do olvido.