Falan de Ti | MJ Pérez

Finalista 2021, Galiza
MJ Pérez
4 Músicas

A miña sombra sentada alá non sei onde
entre os murmurios sen saber que dicir
coa mirada cravada no horizonte
mentres escoito como me falan de ti,
mentres escoito como me falan de ti,
mentres sobrevivo a que falen de ti.

Xa non queda nada do que antes era,
agora aquí todo mudou,
vou buscando escusas na miña cabeza
para ver se fuxo desta confusión.

E na rúa a choiva vai mollando a pedra,
todos os recunchos hoxe falan de ti.
A golpe de martelo a memoria teima
en preguntar continuamente por ti,
en preguntarme unha e outra vez por ti
e non deixar de preguntar por ti.

Xa non queda nada do que antes era,
Casandra nunca adiviñou
que toda esta calma traería tormenta,
que a miña loucura apenas comezou.

Mentres ando perdida pola cidade
buscando alguén para que me fale de ti
bebo da loucura e hoxe non deixa de chover.

E busco alguén que me fale de ti
e sigo buscando alguén que me fale de ti…
Todos os recunchos falan de ti
E a choiva hoxe tamén,
tamén fala de ti.