Son da Rúa
1 MúsicaFalar en galego non mola non, fala castejaaano
que se che entende moito mellor e é moito máis sano.
En galego? Non mola non, fala castejaaaaano
que o galego non mola, non mola non!
Para qué sirve eso?
Falar en galego non mola, non vale para intervir nas cortes españolas.
Voltan as crianzas tolas, adoctrinando mentes nas súas galescolas.
Menos mal que fecharon e que as nenas van deixando de falalo.
Imos mudar o parabéns, non cres?
Co ben que che sona o cumpreanos en inglés, ouh yes!
Esquece da lingua propia menos 17 de maio.
O resto de días do ano, el gallego pal carallo.
Na Voz de Ghalisia non mola, é que así non se vende.
Na universidade non mola que os Erasmus non entenden.
Non mola, na rúa non mola, de copas non cola!
Para ligar que na disco, que dis? Controla.
Fálame ben, maleducado, “que ya pareces el Ghuardiola”.
Un día dixéronme que co ghalegho non vas a ningures.
E convencéronme xa sabes.
Fun a Brasil, Portugal, Angola, falando castelán… E todo facilidades.
Xa ves, chegou a modernidá…
de renegar do propio, copiar o de máis alá!
Ler o blog de Gloria Lá… E nas fotos de instagram
un “Galicia calidá”, Caghiná, que non, que non vale para nada!
Marisco baratísimo y muy rica la empanada.
Galego mata coma Chester ou Fortuna
E aburre máis que un partido de Osasuna
Falar en galego non mola non, fala castejaaano
que se che entende moito mellor e é moito máis sano.
En galego? Non mola non, fala castejaaaaano
que o galego non mola, non mola non!
Falar en galego non safa, dá máis resaca co licor ca de gharrafa.
El acento así del monte como que no, urbanitas
É que sodes uns fenómenos!
Pon o termómetro que o galego causa febre.
Aficcionado por la Roja deja que celebre,
falar galego é tan enxebre
que vale para sacar as vacas do pesebre.
Non deixes que medre ese dialecto
e non empregues o galego nos directos
que podes asustar ás groupies.
Menuda falta de respeto!
Non sexas paleto e fala castelán
e descubrirás que é moito máis san.
Tenía dos primos que hablaban en gallego
y en el Rebullón están.
É máis perigoso do que cres!
Falar en galego pódeche provocar estrés.
Estás cego, non o ves,
un novo falante é ingresado cada mes!
Xa ves, escribe en francés,
fala do revés e faite afeccionado do Alavés!
Fai o que sexa antes que usar o galego!
Vaite ao Berbés, elixe facelo a pelo.
Na tele non safa, por redes non safa,
ligando intenta usalo, volverás solo para a casa!
É que sabes o que pasa,
que o galego sirve para espantar rapazas!
Abel caballero, patriota galego!
No te lo hablo, pero lo quiero!
Gloria Lago, patriota galega!
Si hablo castellano en el cole me pegan!
Paco Vázquez, patriota galego!
No te lo hablo, pero lo quiero!
Mónica Ceide, patriota galega!
Si hablo castellano en Facebook me pegan!