Freixo
1 MúsicaAló enriba daquel monte
hai un pozo de auga crara,
onde a virxe da Franqueira
lava os pés e maila cara.
Mira como o freixo brila,
súas follas son douradas,
luce seu corpo de prata,
negros gomos nas súas gallas.
Subín á ábore da vida,
fun quen eu quería sere,
gabeei, cheguei ao alto,
enxerguei o meu querere
Cantarei pola túa vida,
ti que bailas con bó xeito,
de neniño que me mira,
entre as ponliñas do freixo
As ramiñas desta fraga,
e a follaxe deste leito,
son mans pra te aloumiñare,
e pés pra bailar con xeito.