Ecuacións | Xoán Curiel

Finalista 2017, 3º posto Portugal
Xoan Curiel
2 Músicas

Hai máis razóns para partir
que para quedar
cando o outono vén.

As bagullas sumirán
como baixa o mar
cando saia o tren.

Desarrímaste de min
e eu chantado neste andén.

As formiguiñas do teu rir
seguen a bulir
baixo a miña pel.

Aínda hanme posuír
hanme desexar
como se eu fose mel.

Esvaece toda a dor
como o aire do teu fol.

É tempo de navegar
e de desatar
os nós do corazón.

Tempo de nos despedir
e reformular
cada ecuación.

As formiguiñas do teu rir
seguen a bulir
baixo a miña pel.

Aínda hanme posuír
hanme desexar
como se eu fose mel.

É a fumaza da canción
que nos queda do que foi.

É tempo de navegar
e de desatar
os nós do corazón.

Tempo de nos despedir
e reformular
cada ecuación.

É tempo de navegar
e de desatar
os nós do corazón.

Tempo de nos despedir
e reformular
cada ecuación.