Dixeches | Chisco
Francisco Fernández Naval
1 MúsicaDIXECHES: vén a noite
e eu non teño que facer na casa.
Irei do teu luar
ao teu baleiro,
tránsito azul
por entre a néboa
dos teus ollos cegos.
Percorrerei o val da luz
aberto á escuma,
os bosques de canción
e de sombra,
o río teu
sosegado de veas e palabras
e non me perderei,
porque nacín das túas raizames húmidas
do silencio feliz
na flor dos días,
na sorte de ter sido de ti.