Cedeira | Guadi Galego

Finalista 2017, Galiza
Guadi Galego
6 Músicas

Os egos da revolución visten roupa cinguida,
escalas en modo maior copan todos os shows.
Describen un mundo invisible partido por catro,
prometen que os demos e os anxos son da mesma cor.

Aquí o reduto é diverso, non hai etiquetas;
se cadra, diría Pedreira, o da xubilación.
Poder deitarse e deixar que a vida te agache,
e nós en silencio escoitando este noso son.

Imos tan xuntiñas pola beira da canción,
e prenden candeas, rompen as ondas.
Imos devagar paseando en plural,
calma e serena que medra a area e o mar.

O norte equipara a beleza coa melancolía.
O norte é poema en si mesmo, é perfume e canción.

Que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira,
na praia de Rinlo, en Cuba, ou mesmo en Cedeira.
Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
tratar polo miúdo as cadeas,
pensar que ser libre e ser máis.

Vivir asubiando amodiño a nosa habaneira,
deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira,
na praia de Rinlo, en Cuba, ou mesmo en Cedeira.

Vivir asubiando amodiño a nosa habaneira,
deixarse levar pola luz que desmonta as ideas…