Malandrómeda
1 MúsicaUhhh Ha!
Chegamos a tempo para o vermú,
na cantina non collía unha vara de bambú.
Alí estaba a familia toda,
levaban roendo hai máis dunha hora.
Saúdos, apertas, bicos ás señoras.
“Esta ronda está paga, que boten por fóra!”
Vai un pasodoble e outra de Shakira
e racho coa festa toda nun viravira.
Boteille unha peza a cada unha das miñas tías,
unha chea que non me lambía,
con tanto martini vou coller cagarría
e non vou parar porque hoxe é o día.
Se queres facelo, amiga, faino.
Gústame a cumbia, gústame o waino,
trae o sabor, pero sabe a caldo;
non queres comelo, pero vas empezando.
As chavalas están bonitas, os rapaces van elegantes.
Esta noite está doente, bótalle un baile, mételle o dente!
Logo foi a hora de xantar.
Cheguei fino e comín coma un quino.
Veña trosqui [?], a sobremesa, o bandullo pesa, o copo non pesa.
Os compadres xa están cos cacharros na man
e chamaron para ver que cona fago. Non dan respiro.
E quen carallo quere respirar habendo sede!
Deixa que enrede roendo para o pase das once,
non queda moito tempo para que tronce.
Haiche lúa para armar [?] guerra de gin-tonics con chupitos de whisky.
Ando rabudo como un peliqueiro,
traio a misión dun superguerreiro.
Mira, Marisé, divorciou hai tres meses
e como lle prestou, está máis guapa ca nunca!
Baila o tacón, despois a punta,
a festa rebenta cunha de Rocío Durcal.
Quero unha Ana Kiro e ritmo de pandeiro,
antes de que remate roncando nun roleiro.
Se queres facelo, amiga, faino.
Gústame a cumbia, gústame o waino,
trae o sabor, pero sabe a caldo;
non queres comelo, pero vas empezando.
As chavales están bonitas, os rapaces van elegantes.
Esta noite está doente, bótalle un baile, mételle o dente!
Se queres facelo, amiga, faino,
faino, faino, faino, faino
Gústame a cumbia, gústame o waino
waino, waino, waino, waino.
Trae o sabor, pero sabe a caldo,
caldo, caldo, caldo, caldo
non queres comelo, pero vas empezando,
bótalle un baile, mételle o dente!