Blues do Rei Bergman = B B King | Lois Pérez
Lois Pérez
1 MúsicaO tempo guinda a súa pedra ao vento
e a miña infancia desaparece no mar
ondas circulares de lembranza
ascenden nos ecos da miña memoria
a morte é un grao de area nunha ostra
que acariña con nácara o soño da perla
apértome e afundo na presenza das cousas
fuxindo de razóns que ninguén sabe:
sen dor non hai blues
sen feitizo só queda a area.