![](https://play.aritmar.gal/wp-content/uploads/2022/07/Aritmar-aBandaDaLobaDestacada-100x100.jpg)
A banda da loba
1 MúsicaBailemos as rúas ata desaparecer
no ventre sonoro da noite,
onde exércitos de lucecús
acenden con cóxegas as estrelas.
E eu bailando as rúas e o noso a camiñar,
paralizando o mundo ata desaparecer,
ata desaparecer, ata desaparecer, ata de…sapa…
Ti sinte que sentes a liberdade aos teus pés,
bolboretas borrachas nas mans,
volverás a amencer na urbe
dos corpos que nunca durmen.
E eu bailando as rúas e o noso a camiñar
paralizando o mundo ata desaparecer,
ata desaparecer, ata desaparecer, ata de…sapa…
Bailemos as rúas.