Amodiño | De Vacas

Finalista 2018, 2º posto Galiza
De Vacas
1 Música

Ai… Ai…Ai…
Si, sabes que levo un anaco mirándote.
Quero consumar contigo hoxe.
Vin que a túa mirada xa estaba
chamándome.
Amósame a peseta que eu vou…

Ti, ti tes o himen, eu son un chaval.
Convídote a cear e vou armando o plan.
Chega o momento do primeiro uso…

Xa, xa me está gustando máis do
normal,
todos os sentidos van pedindo máis,
quero facelo sen ningún apuro…

Amodiño, quero ulir o teu pescozo
amodiño,
deixa que che diga cousas ao ouvido
para lubricarnos e vaia suaviño.

Amodiño, quero espirte a bicos
moi amodiño,
tocarnos as cachas só un pouquiño.
Facelo seguro con preservativo…
Sube, sube, sube, sube, sube!

Quero cardar o teu pelo,
quero darche un bico,
Acariñar as túas ingles,
os meus lugares favoritos,
Favorito, favorito, neno!

Déixame facerche as uñas,
toda a manicura.
Ir a clases de pintura,
es da miña estatura…

Non che dixen,
son somnámbulo (eh!).
Toco moi mal o piánolo (eh!).
Teño medo aos lagártolos (eh!).
Un fillo colombiánolo (eh!).

Sabes que o meu corazón contigo
faime bam! bam!
Merda! Miña nai peta na porta,
escoita pam! pam!

Ven, proba a miña a zoca (eh!),
para ver se a ti che cabe.
Quero apagar o móbil
non vaia ser que nos grave.

Eu non teño présa,
xa cho puxen na mensaxe.
Comezamos lento, despois masaxe.

Pasiño a pasiño,
suave, suaveciño,
Ímonos achegando,
pouquiño a pouquiño.
Hoxe non hai présa para comer a fresa,
Con esa presbicia fasme maionesa…

Ma-io-nesa,
ela báteme facendo maionesa.
Todo o que tomei subíuseme á cabeza.
Non sei onde vivo nin me interesa…

Amodiño, quero espirte a bicos moi
amodiño,
tocarnos as cachas só un pouquiño.
Facelo seguro con preservativo…
Sube, sube, sube, sube, sube!

Quero cardar o teu pelo,
quero darche un bico,
Acariñar as túas ingles,
os meus lugares favoritos.
Favorito, favorito, neno!

Déixame facerche as uñas,
toda a manicura.
Comer nabos e leitugas,
e que medre a agricultura!

Rapidiño, ímolo facer na praia de
Cariño,
Mórdeme na espalda,
posme o pelo pincho.
Virgen Santa, Jesucristo, ai bendito!

Rapidiño, ímolo facer no monte en
Mazaricos,
Sinto contraccións no cuello uterino,
Corre, corre, corre,
corre que te pillo… Amodiño!