Caamaño&Ameixeiras
2 MúsicasAi de min que a perdín
Quédame o mundo deserto
Din os soños i os paxaros
A morte non é certo
Roupa da miña varanda
Roupiña da miña voda
Quen ta dusar miña roupa
Se hoxe a de loito m’abonda
Perdín o aire
Maila gharghanta
Xunto a ribeira
Auga salada
O paxariño do prado
Ao velas flores se alegra
Eu se vise a túa cara
Botaba fóra a pena
Perdín o aire
Maila gharghanta
Xunto a ribeira
Auga salada
Perdín o aire
Maila gharghanta
Xunto a ribeira
Auga salada
Aquí está o meu corazón
Se o queres matar ben podes
Xa non leva nada dentro
Se o matas xa nada morre
Perdín o aire
Maila gharghanta
Xunto a ribeira
Auga salada
Na noite o sol’e
Día a sombra
Heite pensare
A vida toda
Na noite o sol’e
Día a sombra
Heite pensare
A vida toda