A paz esquiva | Sés

Finalista 2017, 1º posto Galiza
Ses
3 Músicas

Vivo procurando un verso para encarcerar
todo este sentir que desgarra
e a rosas que fan que aínda poida soportar
a carne viva.

E até no máis alto monte respirar
e gardar os ollos das sabias.
Vivo procurando un verso para encarcerar
a paz esquiva.

Vivo procurando un verso para encarcerar
un cansancio que me desgasta
e o tedio que chega para recordar
que a vida pesa.

Pasa e pesa a vida e hai historia por narrar
que me reconcilia
cunha raza ausente que hai que recuperar,
e está vendida.

E que fuxa o medo a pensar e que amar
non se encerre en ocos e lanzas.
E que os terrroristas sexan, como debe ser,
os que consideran un gran crime diverxer.

Vivo procurando un verso para encarcerar
todo este sentir que desgarra
e a rosas que fan que aínda poida soportar
a carne viva.

E até no máis alto monte respirar
e gardar os ollos das sabias.
Vivo procurando un verso para encarcerar
a paz esquiva.

Vivo procurando un verso para encarcerar
un cansancio que me desgasta
e o tedio que chega para recordar
que a vida pesa.

E que fuxa o medo a pensar e que amar
non se encerre en ocos e lanzas.
E que os terrroristas sexan, como debe ser,
os que consideran un gran crime diverxer

E que fuxa o medo a pensar e que amar
non se encerre en ocos e lanzas.
E que os terrroristas sexan, como debe ser,
os que consideran un gran crime diverxer.