A Cabalo | Calle Sonora e Sofía Espiñeira

Finalista 2019, Galiza
Calle Sonora
1 Música

Aquela noite espertei
nunha estrela azul fíxome ben
forza e pálpito na súa pel, viña a dicirme adeus.
Que beleza
o mundo é máis grande e eu xa o sei.
E que me vas contar, meu ben
Espero a túa historia esperta,
historia interminable cada noite.
un cabalo que me guía,
cóntame máis, cóntame máis.

Entrego ao ar meu corazón
para que te chegue a ti.
Escoito atenta a túa canción,
escríbeme un verso máis.
Historia interminable cada noite,
un cabalo que me guía, cóntame máis…

Quero viaxar contigo e vou pola senda
e nos campos o millo xa medra e,
na alborada escribo soños
en libretas e vou ben esperta,
alá onde agroman as herbas
entre cancións, bica o sol as miñas pernas.
Huuummmm … Aaaaaaaah

Cóntame máis, quero viaxar contigo
e son as túas mans as que acalman
meu corpo e meu canto e, e se caio,
cóllesme no teu abrazo
e son as túas mans
as que sandan meu peito en pedazos e,
se me perdo, guíasme co teu cabalo e,
se me perdo, guíasme co teu cabalo.

Na,na,na, ra,na …

Imos viaxando, por montañas a cabalo.
Imos viaxando, por montañas a cabalo,

Ieeeeeh, Ieeeeeh…
Na,na,na, ra,na …