Xoan Curiel

2 Músicas

Bio

  • Finalista 2019, Galiza

    A casa do terror non ten nin ascensor
    Ti subirás a pé, atoparaste cos
    Mais terroríficos, ultramaléficos
    Bichos histéricos e monstros aerofáxicos

    A casa do terror non ten televisión
    Pois haiche diversión e non se aburren, non
    Facendo malabares nunha persecución
    Os esqueletes cos seus ósos tocan percusión

    Mascotas infernais e plantas fantasmais
    Con bocas de caimán comezan a cantar
    Que queren perseguirte, facerche cóxegas
    Que o pesadelo atrapa a quen queira escapar
    Da casa do terror, da casa do terror

    A casa do terror sóten porta para entrar
    O entrar ti berrarás, alí atoparás
    Os ratatiburóns e os mouchocodrilos
    Os perri-frankenstains e os gativampiros

    Equinos-tiburóns, felinos con cara de furón
    Bailando reaggetón, que inferno de cancións!
    Pirañas belcebú, chegadas de perú
    E as moscas máis sarcásticas cun corno no cu

    Mascotas infernais e plantas fantasmais
    Con bocas de caimán comezan a cantar
    Que queren perseguirte, facerche cóxegas
    Que o pesadelo atrapa a quen queira escapar
    Da casa do terror, da casa do terror

    Da casa do terror queremos escapar
    Ti foxe cara alí, eu corro caraalá
    Fomos caer aquí a banda do verán
    Con nenas-pesadelo que cantan nanas punk

    A auga está xeada, a cama chea de pó
    E que hai para cear na casa do terror?
    Bruxas que fan a cea e un sapo falador
    Con baba de culebra acenden o asador

    Mascotas infernais e plantas fantasmais
    Con bocas de caimán comezan a cantar
    Que queren perseguirte, facerche cóxegas
    Que o pesadelo atrapa a quen queira escapar
    Da casa do terror, da casa do terror

    Na casa do terror non hai porta pra saír
    Na casa do terror aventuras que vivir
    Na casa do terror non hai porta pra saír
    Na casa do terror vén con nós se queres vir

  • Finalista 2017, 3º posto Portugal
    Finalista 2017, 3º posto Portugal

    Hai máis razóns para partir
    que para quedar
    cando o outono vén.

    As bagullas sumirán
    como baixa o mar
    cando saia o tren.

    Desarrímaste de min
    e eu chantado neste andén.

    As formiguiñas do teu rir
    seguen a bulir
    baixo a miña pel.

    Aínda hanme posuír
    hanme desexar
    como se eu fose mel.

    Esvaece toda a dor
    como o aire do teu fol.

    É tempo de navegar
    e de desatar
    os nós do corazón.

    Tempo de nos despedir
    e reformular
    cada ecuación.

    As formiguiñas do teu rir
    seguen a bulir
    baixo a miña pel.

    Aínda hanme posuír
    hanme desexar
    como se eu fose mel.

    É a fumaza da canción
    que nos queda do que foi.

    É tempo de navegar
    e de desatar
    os nós do corazón.

    Tempo de nos despedir
    e reformular
    cada ecuación.

    É tempo de navegar
    e de desatar
    os nós do corazón.

    Tempo de nos despedir
    e reformular
    cada ecuación.