Xisco Feijóo

1 Música

Este bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre e cantor ten participado en máis de vinte traballos e presentacións de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto ou Rodrigo Romaní. En concreto, “Peixe” é un canto á aceptación e á natureza única, incoherente e irrepetible do ser humano, no que unha fonda tradición emerxe grazas a unha mirada recuperadora pero tamén actual e contemporánea.

  • Finalista 2022, 1º posto Galiza
    Finalista 2022, 1º posto Galiza

    Eu ben vin o peixe, lereixe
    Na batelada larada
    Cunha rapeta lereta
    Aprendendo a pescador
    Ai! Miñoto, se te eu non vexo, ai canta-dor!

    Eu ben vin o peixe lereixe
    Brilar a prata, larata
    Coa varredoura, leroura
    Aprendendo a pescador

    Eu ben vin o peixe. lereixe
    Nunha enxurrada. larada
    Cun alxerife, lerife
    Aprendendo a pescador
    Ai! Miñoto, se te eu non vexo, ai, canta-dor!

    Eu ben vin o peixe, lereixe
    Mover o rabo, larabo
    Coa caniveta, lereta
    Aprendendo a pescador

    Atirei unha laranxa
    Nacida dun limoeiro
    Se o xogo non for engano
    Corre Portugal enteiro

    Foi prender naquela puza
    Foi o caldo que o apurou
    Parido no mes de agosto
    E coa seca non medrou

    (retrouso)
    E se non for, e non ser, e que non fora
    Galo de río, peixe de curral
    E se non dar, e de non der que non me dera
    Crista mollada, raspa a secar
    Ai la la la
    Non vos din en reparar
    Nas falas que leva o vento
    Pensar que contigo soio
    Tiña de pasar o tempo

    Lalala…