Poetarras
2 MúsicasBio
Galiza, onde a choiva é arte
onde os que teñen paraugas se poñen a cuberto para que ti teñas que mollarte
Sabes que en galego temos máis de cen palabras para denominar a choiva?
É que ese día o vocabulario estaba de oferta!Outro día cheo de melancolía
de risco de acabar con pneumonía
vaste mollar
Non sabías onde carallo vivías?
Pensabas que isto era Andalucía?
Só te sabes queixar.Chove en Galiza
e nalgún sitio máis,
é a noticia que abre os telexornais.
Chove en Galicia
e nalgún sitio máis,
vou dar a brasa polas redes sociais.Tiñas plans para ir de finde divertida
pero unha cicloxénese explosiva
vaino estragar.
Marcha a luz na aldea e como alternativa
só che queda subir á vila
e buscar algún enchufe ao que te poidas conectar.Chove en Galiza
e nalgún sitio máis,
é a noticia que abre os telexornais.
Chove en Galicia
e nalgún sitio máis,
vou dar a brasa polas redes sociais.Boa noite, traio o parte, que non enteiro
cóntolles a predición marítima primeiro
mar de fondo do noroeste con ondas de cinco a sete metros
vento do nordés forza sete a sete e medio.Alerta laranxa no litoral
refachos que ata cen quilómetros por hora poden acadar
cota de neve por debaixo dos mil metros
para que Feijóo non teña que ir moi lonxe a esnifar.Ceos nubosos dende primeira hora da mañá
con precipitacións intensas,
teñan paciencia porque por uns días seguiremos baixo a influencia
dunha borrasca tropical.
Temperaturas moderadas,
se collen o coche teñan coidado nas estradas
esta información meteorolóxica foi patrocinada
por Unión Fenosa, boa noite, deica mañá.Chove en Galiza
e nalgún sitio máis,
é a noticia que abre os telexornais.
Chove en Galicia
e nalgún sitio máis,
vou dar a brasa polas redes sociais.Galiza Ceibe
Poder Popular,
é o que din todas as cancións de ska.Chove, chove, chove.
Chove, chove, chove.
Chove, chove no Grove.Chove, chove, chove.
Chove, chove, chove.
Chove na casa do probe.Cuando los ángeles lloran,
cuando los ángeles lloran,
chove na Galiza.
Cuando los ángeles lloran,
cuando los ángeles lloran
Santiago Pemán.Que se os canóns do Sil ou as fragas do Eume
a pesca no Ulla ou o aroma do Lérez
algún poeta a recitar nasbeiras do Sar
O río Miño e unha recua de regatos afluentes
os que van para Asturias como o Navia e o Eo
do Xallas ves no Ézaro a fervenzadende o mirador
Pero hai un río que se marxinou
nin dios coñece o Anllóns
Nin dios o coñece. O outro día pregunteille a miñanai e non sabía que río era. Explícovos.
Sae da Serra de Montemaior
pérdese no Verdes e no Añón
e vaimorrerao mar na ría de Laxe e Corme
é un referente na labor da contraminacción
busca a purificación
e rega as terras da comarca de Bergantiños
É que é un río que se marxinou
nin dios coñece o Anllóns
con esa fonética vai conquistar
a un pobo con collóns
Basta xa de falarsempre dos mesmos putos ríos
a rebelión comeza por gabarse dos cativos
e hai que remediar unha errada educación fluvial
que merdallesensinanaos rapaces nasescolas
se non saben o nome do río que máis mola
comeza un tempo triunfal coAnllóns de emblema nacional
É que é un río que se marxinou
nin dios coñece o Anllóns
Sae da Serra de Montemaior
pérdese no Verdes e no Añón
e vaimorrerao mar na ría de Laxe e Corme
O esteiro é tan fermoso
deixaratesen respiración
eu non sei nadar pero aprendería no Anllóns
Anllóns
Carballo mola mogollón