O sonoro Maxin

1 Música

Bio

  • Finalista 2018, Galiza

    Poden botarte da casa e deixarte na rúa,
    poden botarte do curro sen ningunha razón,
    poden facerche vivir nunha lista de espera,
    baixo presión.
    Poden erguer grandes muros se non hai fronteiras,
    poden probar que o culpable sempre es ti,
    poden pechar a túa boca con leis e panfletos
    para non te oír!

    Así, así, así, así se constrúe unha bomba! (5 bis)

    Poden falar no teu nome cando non escoitas,
    poden matarte de fame coa pistola na man,
    poden saír do lameiro no que nos meteron
    sen se ensuciar!
    Poden mandarte para a guerra ou enviarcha para a casa
    e kurtcobainear a túa vida e non deixarte finar,
    poden pisar e morder e matar a quen sexa
    para medrar!

    Así, así, así, así se constrúe unha bomba! (5 bis)

    Xunta os cables con xeito
    e que estoupe no peito rachando coa prisión.
    Sinte a onda expansiva
    ao fuxir a enerxía con forza e ilusión,
    con forza e ilusión, con forza e ilusión!
    Así, así, así, así se constrúe unha bomba! (5 bis)