Narci Rodríguez
1 MúsicaEl decidiu que nunca máis ía dicir adeus
De tanto ficar non se lembrou de saber voltar
Ao non saber voltar dubidou de querer ficar
E acabou por esquecer o “porque” non quería dicir adeus.
El decidiu que aquela corda a ía apertar
E de tanto apertar non se lembrou de saber soltar
Ao non saber soltar acabou por mancar a man.
E acabou por esquecer a razón daquel desexo de apertarSon os quereres do amor posto no tempo
Son os desexos da doutrina da obsesión
E que non o queira ver nega o xogo do momento
Porque non tes sitio non tes tempo tes momentos e movemento tren pra ir tren pra voltar nunca vas poder ficar
Non tes sitio non tes tempo tes momentos e movemento tren pra ir tren pra voltar nunca vas poder ficar aquíApego é o que precisaba cando era un neno / pero xa non quere seguir ese baremo / e andar saltando de extremo a extremo / precisa equilibrio pra librase do demo / entre as polaridades está ese segredo / o corazón é sabio e precisa dun individuo pleno / camiñar cara a liberdade desde o amor e non desde o ego / así que decidiu ser seguindo o seu rego / pra sentir a paz e poder vivir así pleno
El decidiu que nunca máis ía tentar querer
E de tanto esquecer decatouse do poder do amor
E por poder amar, e por poder amar e por poder amar
Lembrouse de saber voar.