María Lado
1 MúsicaOdias a poesía e fas ben.
Non hai nada nela que non haxa
no pelello dunha marta que desaparece entre as amoras.Escribinche una mensaxe dicindo que un día
che había timbrar
─baixa─ sen avisar.
nese momento, o que se agarda de ti é que digas si, claro,
deixes a vida adulta sen resolver
e baixes.Admite que ten certo encanto o hedonismo
pronunciado de maneira tan retorta.E eu sei que deveces por vela de preto,
por ler a noite nos seus ollos sen lúa.
Non hai nada de romanticismo nas martas, todo é puro realismo,
lánzanse sobre ti á maneira de Courbet, cando se ve sorprendido
pola súa desesperación.
Coa diferenza de que o movemento delas
é dirixido polo seu olfacto,é o fociño o primeiro co que te miran.
Iso é porque
enseguida o cheiran,
ese veleno que nos paraliza, algún animais
enseguida o cheiran.Podería esa ser a primeira función dun poema
diluirse como unha insinuación entre os froitos do outono
e o que se agarda de ti é …Porfías. Vale,
talvez sexa que odies a poesía
e está ben.
Nada hai nela que non haxa
na adorable expresión dos mustélidos,
mesmo cativas, son animais curiosos.
Si, esa é unha boa razón para odiar calquera cousa.Entón, o mellor é que me respondas cunha cara sorrinte
aínda que ti non te rías en absoluto.
O sistema ten eses sinais luminosos que nos recordan
que felices somos, que ben o pasamos,
que liberdade tan grande alcanzamos agora
que non estamos amarradas á palabra.Porque, que necesidade tes ti de rabuñar nos tobos cegos,
de mudar a pel na dor das silveiras?Ademais, as martas escriben a traizón
non perciben que sexa violencia
botarse ao pescozo de quen le.
De xente coma nós
apenas deixan o pixama.Odias a poesía e fas ben.
Todo o que achega son preguntas e total
non hai nela nada que non haxa
na vida salvaxe.