Lois Pérez

1 Música
  • O tempo guinda a súa pedra ao vento
    e a miña infancia desaparece no mar
    ondas circulares de lembranza
    ascenden nos ecos da miña memoria
    a morte é un grao de area nunha ostra
    que acariña con nácara o soño da perla
    apértome e afundo na presenza das cousas
    fuxindo de razóns que ninguén sabe:
    sen dor non hai blues
    sen feitizo só queda a area.