Guadi Galego

6 Músicas

Guadi Galego (Cedeira, GZ, 1974) é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. Entra a formar parte de Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira. Naquel momento, Guadi xa comezaba a experimentar con diversas sonoridades en formacións como o seu proxecto máis íntimo e persoal, Espido (con Guillerme Fernández) ou Nordestin@s (con Abe Rábade e Ugia Pedreira).

  • Finalista 2022, Galiza
  • Finalista 2021, 1º posto Galiza
    Finalista 2021, 1º posto Galiza

    Limpo as miñas lágrimas
    se penso que esta noite chegarás,
    xuro que se tratas de achegarte
    de ti me apartarei.

    Imaxino chacras nos bares
    onde danzan os xamáns,
    enerxía limpa sen impostos
    que non teña que pagar.

    Pode que acepte a túa presenza
    por non saber onde escapar,
    pode que invente un teorema
    para saberte descifrar.

    Movo as agullas do reloxo
    que merquei en Portugal,
    conto os segundos para botarte
    desta casa un día máis.

    Pode que insista en entenderte
    sen violencia e aceptar
    que ti te invitaches,
    que eu non te chamei
    á miña casa un día máis.

    Pode que acepte a túa presenza
    por non saber onde escapar,
    pode que invente un teorema
    para saberte descifrar…

    Pode que acepte a túa presenza
    por non saber onde escapar,
    pode que invente un teorema
    para saberte descifrar…

  • Finalista 2020, 2º posto Galiza
    Finalista 2020, 2º posto Galiza

    Aquí pode ir a letra da canción

  • Finalista 2019, 2º posto Galiza

    Alí onde calman os ventos
    Onde a noite fai o seu leito
    Un leito prácido e lento
    Como o día perdendo o tempo

    Tempo que pasa e non para
    Sen pedir o consentimento
    Tempo que toma partido
    Polos amores cada vez máis frios

    Mentres tanto ti e máis eu
    Mudamos fronteiras por pontes
    Trazamos un novo mapa
    Abrindo cancelas con flores

    Mentres tanto ti e máis eu
    Buscamos olladas de alento
    Roubamos palabras ao vento
    Tecemos con elas o amor

    Espertaban as encrovas
    Mentres as lobas soñaban
    Cun roteiro de esperanza
    Para toda a súa manda

    Unha parola coa xente
    Nas paradas de cada bairro
    Nun andén ou nunha beira
    Na sombra de cada carballo

    Mentres tanto ti e máis eu
    Mudamos fronteiras por pontes
    Trazamos un novo mapa
    Abrindo cancelas con flores

    Mentres tanto ti e máis eu
    Buscamos olladas de alento
    Roubamos palabras ao vento
    Tecemos con elas o amor

    Non alimentas meus medos
    Eu xa non creo nos demos
    Son paxaro ventureiro
    Polos camiños do ceo

    Non alimentas meus medos
    Eu xa non creo nos demos
    Son paxaro ventureiro

    Polos camiños do ceo
    Mentres tanto ti e mais eu
    Mudamos fronteiras por pontes
    Trazamos un novo mapa
    Abrindo cancelas con flores

  • Finalista 2017, Galiza

    Os egos da revolución visten roupa cinguida,
    escalas en modo maior copan todos os shows.
    Describen un mundo invisible partido por catro,
    prometen que os demos e os anxos son da mesma cor.

    Aquí o reduto é diverso, non hai etiquetas;
    se cadra, diría Pedreira, o da xubilación.
    Poder deitarse e deixar que a vida te agache,
    e nós en silencio escoitando este noso son.

    Imos tan xuntiñas pola beira da canción,
    e prenden candeas, rompen as ondas.
    Imos devagar paseando en plural,
    calma e serena que medra a area e o mar.

    O norte equipara a beleza coa melancolía.
    O norte é poema en si mesmo, é perfume e canción.

    Que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira,
    na praia de Rinlo, en Cuba, ou mesmo en Cedeira.
    Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
    tratar polo miúdo as cadeas,
    pensar que ser libre e ser máis.

    Vivir asubiando amodiño a nosa habaneira,
    deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
    que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira,
    na praia de Rinlo, en Cuba, ou mesmo en Cedeira.

    Vivir asubiando amodiño a nosa habaneira,
    deixarse levar pola luz que desmonta as ideas…

  • Finalista 2017, Galiza

    Hoxe quixen ver
    que cos dedos o meu mundo podía mover.
    Non quixera ser
    pretensioso nin todopoderoso, só quería ter
    un momento de lucidez contida,
    atopar unha saída ás neuronas derretidas.

    Só buscaba o pracer de parir un canto,
    un lamento, un berro, un pranto, unha pena,
    un quebranto.

    Penso en creación, busco nos vagóns baleiros
    en cada estación.

    Ter o que outro ten
    nunca souben ver o que os outros ven.
    Súo sangue ao tentar escribir con letras
    o barullo que hai na cabeza,
    mente en branco, saída e meta.

    Pecho os ollos, retorzo o pensamento,
    pero queda só nun intento.
    Nunca souben mirar para dentro.

    Só buscaba o pracer de parir un canto,
    un lamento, un berro, un pranto, unha pena,
    un quebranto.

    Só buscaba o pracer de parir un canto,
    un lamento, un berro, un pranto, unha pena,
    un quebranto.