Fillas de Cassandra

1 Música
  • Finalista 2023, 1º posto Galiza

    Somos distintas das que comezaron
    na nosa pel gardamos o o legado
    alén das bombas soubemos pararnos:
    nin sexo, nin carne, nin putos coidados.

    Non asumimos o voso pecado
    facedes a guerra cos ollos pechados
    non recoñecedes nin o propio bando
    A ACRÓPOLE CANTA:

    Varre vasoira, vasoira miña,
    fai moito tempo que non várre-la cociña.
    Varre vasoira, vasoira miña,
    fai moito tempo que non varres a cociña.
    Varre vasoira, vasoira miña,
    fai moito tempo que non varres a cociña.
    Varre vasoira, vasoira miña,
    fai moito tempo que non varres a cociña.

    Nós que coñecemos o cariz da trampa
    sempre deseñada para a vosa lei.
    Deixade de impoñernos tódolos vosos coidados
    esta casa en que habitamos non é o hábitat dun rei
    e é que unha e outra e outra vez
    escoitando a vosa merda sen saber por que.
    Somos as fillas de tódalas que se plantaron e dixeron:
    QUE QUE QUE!

    Varre vasoira, vasoira miña,
    fai moito tempo que non varres a cociña (x4)
    Varre, varre, varre vasoiriña
    Vare, varre, vasoiriña miña
    A guerra, a guerra, a guerra imos parar
    A guerra, a guerra, a guerra imos parar.

    Xa non calaremos máis
    Non, non, non, non!
    Xa non calaremos máis
    Non, non, non, non!
    Xa non calaremos máis
    Non, non, non, non, non, non, non!

    Varre vasoira, vasoira miña,
    fai moito tempo que non varres a cociña (x2)
    Varre, varre, varre vasoiriña
    Vare, varre, vasoiriña miña
    A guerra, a guerra, a guerra imos parar
    A guerra, a guerra, a guerra imos parar