Arancha Nogueira

1 Música
  • repetir o quérote con mil grafías
    classic
    modern
    typewriter
    con mil grafías
    como se ninguén o escribise antes

    buscar a tentas lubricante na pantalla
    e perverter o tempo
    as mans lixadas que recordarás apenas
    limpas e lixadas

    reiniciar o router
    e repetir o quérote con mil grafías
    como se ninguén o escribise antes

    ou non dicilo nunca
    #mindset
    #selflove
    #lifegoals
    e eu non direi que te estraño

    agochalo sempre, entón
    con mil grafías

    descoñecerte xa
    e mesmo así
    abusar deste talento tan sociópata
    en classic
    modern
    e typenwriter

    coas mans lixadas
    coas mans limpas e lixadas

    (ninguén nos aprendera a construírnos nun exilio).