Néboa

1 Música
  • Finalista 2021, Galiza

    Unha casiña branca
    na mariña entre os loureiros
    co teu amor
    e unha barca
    ter o ceo.

    Debería bastar con iso
    así que non teñas medo
    para que vivir
    disposta a fracasar
    en cada intento?

    Onde comeza o teu desexo?
    Co teu amor
    e unha barca
    ter o ceo.

    Coidar dunhas colmeas
    aínda que nos piquen
    as abellas
    para poder comer o mel
    coas primeiras follas secas.

    Debería bastar con iso
    así que non teñas medo
    para que vivir
    disposta a fracasar
    en cada intento?

    Onde comeza o teu desexo
    e rematan os do resto?
    Co teu amor
    e unha barca
    ter o ceo.

    Coidar dunhas colmeas
    pode ser unha boa idea
    para despois
    comer o mel
    coas primeiras follas secas.

    Unha casiña branca
    co teu amor
    e unha barca
    ter o ceo.