Sonia Lebedynski

1 Música

Bio

  • Finalista 2017, Galiza

    Cen miradas amigas que tinxen o solpor,
    cen palabras valentes preto do teu corazón,
    cen razóns que suman para calmar a túa dor.
    E o meu amor por ti, na terra como unha flor.

    Cen anacos de vida cos que poder encetar,
    cen gaiolas que agochan enteiro o meu pesar,
    cen pandeiros que tocan invitándote a bailar.

    E o meu amor por ti, na terra como unha flor.
    E o meu amor por ti, na terra como unha flor.
    E o meu amor por ti, na terra como unha flor.

    Sinto as horas do día frías,
    sen tempo e sen medida,
    quixera espertar ao teu carón e ver a luz do día.
    Sinto as horas do día frías,
    sen tempo e sen medida,
    quixera espertar e verte chea de vida.

    Cen miradas amigas que tinxen o solpor,
    cen palabras valentes preto do teu corazón,
    cen razóns que suman para calmar a túa dor.

    E o meu amor por ti, na terra como unha flor.
    E o meu amor por ti, na terra como unha flor.
    E o meu amor por ti, na terra como unha flor.

    Sinto as horas do día frías,
    sen tempo e sen medida,
    quixera espertar ao teu carón e ver a luz do día.
    Sinto as horas do día frías,
    sen tempo e sen medida,
    quixera espertar e verte chea de vida.

    Agardo por ti, pola luz que sae do día.
    Agardo por ti, polo brillo dos teus ollos.
    Sen dicirche nada,
    sen dicirche nada,
    sen dicirche nada… nada.