Najla Shami

1 Música

Bio

  • Finalista 2020, Galiza

    Carballeiriña do val
    ten a miña á o teu ar,
    Faro de branco chapeu
    cantar de terra no ceu.

    Ouro en Bembibre
    no regueiro do muíño a ouca en flor
    e no silencio morno morre a luz do sol
    na pel da noite.

    Alfaia de auga, Mourulle
    brúa en Vilela o café.
    Durme na Torre o besbello.
    Soutar no van de Eirexe
    do castro a Fradé.

    Espida no Miño
    leito á altura da lúa na mura da adega maior
    e no silencio morno morre a luz do sol.
    E a noite cantou.

    ooooouoooouu…

    Espida no Miño
    leito á altura da lúa na mura da adega maior
    e no silencio morno morre a luz do sol.
    E a noite cantou, cantou
    e a veiga calou, calou,
    e a noite cantou, cantou
    e a veiga calou, calou.